Faíscas da lingua
Faíscas da lingua foi un programa divulgativo da Televisión de Galicia, o primeiro programa de televisión dedicado á aprendizaxe da lingua galega. Emitiuse durante os anos 1986 e 1987.
Faíscas da lingua | |
---|---|
Duración | de 2 a 3 minutos |
Cadea | TVG |
Nº de episodios | 124 |
Contido editar
O programa tiña unha duración variable, pero moi curta, entre dous e tres minutos. Os seus 124 capítulos principiaban cunha cántiga ou unha unidade fraseolóxica, que ben podía ser un refrán ou unha adiviña, coa que se reflectía algún aspecto do galego, especialmente do léxico. Os textos eran da autoría de Carme Hermida.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Rosario Pérez Magdalena A aprendizaxe da lingua galega no ensino non regrado de adultos. Consello da Cultura Galega, 2002