FLTSATCOM

(Redirección desde «FLTSATCOM 1»)

FLTSATCOM (acrónimo de Fleet Satellite Communications System) é o nome dunha serie de satélites de comunicacións militares dos Estados Unidos construídos por TRW para a Armada. Lanzáronse oito entre 1978 e 1989, todos desde Cabo Cañaveral, e dos cales dous fallaron. O sistema de satélites proporcionaba unha cobertura global na banda de UHF entre aeronaves, buques, submarinos, instalacións en terra e o Mando Aéreo Estratéxico. Os satélites poden dividirse en dous bloques: o primeiro, que abarca os cinco primeiros satélites, eran máis lixeiros e con menos capacidades que os do segundo bloque. Os satélites FLTSATCOM foron substituídos polos satélites UFO.[1]

Un satélite FLTSATCOM.

FLTSATCOM 1, 2, 3, 4 e 5 (Bloque 1) editar

Os satélites do primeiro bloque tiñan unha masa duns 1880 kg e unha esperanza de vida de 12 anos en órbita. Usaban 12 transpondedores en UHF e se alimentaban mediante paneis solares. Tiñan unha antena principal duns 3 m de diámetro. Os cinco foron lanzados mediante foguetes Atlas SLV-3D, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.[2]

FLTSATCOM 6, 7 e 8 (Bloque 2) editar

Os satélites do segundo bloque tiñan unha maior masa, ata uns 2300 kg, unha esperanza de vida de 12 anos en órbita e tamén 12 transpondedores, así como a mesma antena de 3 metros de diámetro. Adicionalmente levaban unha antena helicoidal de case 4 m de longo. Os paneis solares lles proporcionaban ata 1200 W de potencia. A bordo levaban tamén equipamento para a banda EHF a modo de proba, para novos terminais en desenvolvemento. Os tres foron lanzados mediante foguetes Atlas G, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.[3]

Historial de lanzamentos editar

Voo[1][2][3] Data[1][2][3] Carga[1][2][3] Resultado[1][2][3] Notas[1][2][3]
1 9 de febreiro de 1978 FLTSATCOM 1 Éxito
2 4 de maio de 1979 FLTSATCOM 2 Éxito
3 18 de xaneiro de 1980 FLTSATCOM 3 Éxito
4 31 de outubro de 1980 FLTSATCOM 4 Éxito
5 6 de agosto de 1981 FLTSATCOM 5 Fallo Problema coa cofia do foguete, deixando o satélite en órbita pero inservible.
6 26 de marzo de 1987 FLTSATCOM 6 Fallo Desvío do foguete do seu curso polo impacto dun raio.
7 5 de decembro de 1986 FLTSATCOM 7 Éxito
8 25 de setembro de 1989 FLTSATCOM 8 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "FLTSATCOM" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FLTSATCOM 1, 2, 3, 4, 5 (Block 1)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FLTSATCOM 6, 7, 8 (Block 2)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar