Estadio Petrovsky, fogar temporal do Zenit San Petersburgo.
En 2007 foi derrubado o estadio Kirov, fogar do Zenit ata entón, e no seu lugar está a ser construído o futuro novo estadio do Zenit, que terá unha capacidade para acoller 69.500 seareiros. O futuro estadio acollerá encontros do Mundial de Fútbol Rusia 2018. Ata que o novo estadio non se remate, o Zenit xogará os seus encontros como local no estadio Petrovsky, que ten unha capacidade para mais de 21.000 persoas.