Fátima Pego

Cantante e presentadora galega

Fátima Pego Vilas, nada o 26 de marzo de 1986 en Bastavales, é unha cantante e presentadora galega.[1]

Infotaula de personaFátima Pego
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1986 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Bastavales, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , presentadora de televisión , Orquestra Panorama Editar o valor em Wikidata

Facebook: fatima.pego.5 Instagram: fatima_pego TikTok: fatimapego86 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Desde meniña formou parte de coros infantís e participou en festivais e concursos. Estivo en diferentes concursos da TVG: O Tequele-Tequele, O Tequele-Show, Éxito, Canteira de cantareiros no Luar (con 18 anos)[2]... Estudou canto, solfexo, piano e licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo.[3]

En 2005 entrou na orquestra Suavecito (despois Palladium) na que estivo sete tempadas. Despois pasou á orquestra París de Noia[1] de 2012 a 2018.[4] De aí converteuse en cantante da Orquestra Panorama.[5]

En 2020 interpretou Que sorte de terte con Lucía Pérez e Tania Veiras, arroupadas por máis dunha vintena de rostros populares da TVG.[6] En 2022 foi unha das catro protagonistas de Catro gatos da TVG[7] e participou no Luar.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Galicia, Orquestas de. "Fátima Pego Vilas - Orquestas de Galicia". www.orquestasdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2022-06-21. 
  2. "Fátima Pego, cantante de la Panorama: «Me satisface ver que no solo gusta el reguetón»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-08-24. Consultado o 2022-06-21. 
  3. "fatima pego - Biografia". fatima-pego.es.tl. Consultado o 2022-06-21. 
  4. "Fátima Pego Vilas - Orquestas de España". xn--orquestasdeespaa-lub.com. Consultado o 2022-06-21. 
  5. "Fátima Pego, cantante de la Orquesta Panorama: «Hay muchas ganas de diversión»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-06-21. Consultado o 2022-06-21. 
  6. "A TVG lanza unha canción cos seus presentadores para arrancar o 2021 cun sorriso CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-06-21. 
  7. "Catro gatos CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-06-21. 
  8. "Fátima Pego canta no Luar a versión galega do 'SloMo' de Chanel". Consultado o 2022-06-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar