Explorer 31
DME (acrónimo de Direct Measurement Explorer), ou Explorer 31, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 29 de novembro de 1965 mediante un foguete Thor Agena B desde a base Vandenberg da Forza Aérea. No mesmo lanzamento púxose en órbita o satélite canadense Alouette 2, que xunto con Explorer 31 formaron a misión cooperativa ISIS-X.[2][6]
Explorer 31 / DME (Direct Measurement Explorer) | |
---|---|
Explorer 31 antes do lanzamento. | |
Tipo | Observación terrestre. |
Organización | NASA |
Destino actual | Retirado. |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 29 de novembro de 1965[1][2][3][4] |
Foguete portador | Thor Agena B[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre.[2] |
NSSDC ID | 1965-098B |
Masa | 98,9 kg[2][6] |
Dimensións | 76 cm de diámetro por 63,5 cm de alto.[6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 8039,6 km[1] |
Inclinación | 79,8 graos[1] |
Apoapse | 2827,1 km[1] |
Periapse | 510,1 km[1] |
Características
editarExplorer 31 / DME adicouse a facer medicións da ionosfera terrestre mediante sete experimentos a bordo. Os datos transmitíanse en tempo real cando o satélite estaba á vista das estacións de comunicación a falta dunha grabadora no satélite.[2]
O satélite estabilizábase mediante xiro, co eixo perpedicular ó plano orbital. A velocidade de xiro e o eixo de rotación controlábanse por un sistema de par magnético a bordo do satélite. A información de actitude viña proporcionada por un sensor solar e un magnetómetro triaxial.[2] A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías.[5]
O satélite funcionou sen problemas salvo por un fallo parcial de potencia en maio de 1966 que reducíu o tempo de obtención de datos á metade.[2]
As observacións cesaron o 1 de xullo de 1969, con cinco dos sete experimentos aínda funcionando. O 1 de outubro de 1969 tomáronse datos da sonda electrostática durante 9 minutos. O 15 de xaneiro de 1971 intentouse contactar co satélite, que non respondeu a ningún dos comandos enviados, quedando oficialmente abandonado.[2]
Instrumentos
editarExplorer 31 levaba sete experimentos a bordo:[2]
- un experimento de ións termais.
- un experimento de electróns termais.
- unha sonda electrostática.
- unha sonda de temperatura de electróns.
- un espectrómetro de masas.
- un monitor de correntes de electróns enerxéticos.
- un espectrómetro de masas magnético de ións.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 31 (ISIS-X)" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (4 de novembro de 2011). "DME-A" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Letter dated 24 January 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (66-02234): 2. 28 de xaneiro de 1966. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ Claude Lafleur (2019). "CRRES" (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: DME (ISIS-X)" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DME" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos de temperatura e densidade de electróns obtidos por Explorer 31
- Results from Alouette 1, Explorer 20, Alouette 2, and Explorer 31 (PDF)
- PERFORMANCE OF THE SPIN CONTROL SYSTEM OF THE DME-A SATELLITE.