Experimento de Meselson e Stahl

O experimento de Meselson e Stahl, realizado en 1958, permitiu demostrar que o mecanismo de replicación do ADN segue un modelo semiconservativo, descartando así os modelos conservativo e dispersante que se propuxeran até o momento.

experimento de Mendelso e Stahl

Experimento editar

Para iso criaron células de Escherichia coli en presenza de nitróxeno-15, un isótopo do nitróxeno máis pesado do que adoita. Así, o isótopo incorporouse ás cadeas de ADN que se ían sintetizando, facéndoas máis pesadas.

Unha vez acadado o primeiro obxectivo, as células foron transferidas a un medio que contiña nitróxeno-14, é dicir, un medio máis lixero, onde continuaron o seu crecemento (división celular, que require a replicación do ADN). Purificouse o ADN e analizouse mediante unha centrifugación en gradiente de cloruro de cesio, onde hai máis densidade no fondo del tubo ca na parte media do mesmo.

Resultados editar

 
Modelos de replicación do DNA

Na primeira xeración (figura 2.b) obtívos unha única banda de ADN con densidade intermedia. Na segunda xeración (figura 2.c) obtivéronse dúas bandas, unha con densidade lixeira e outra con densidade intermedia ou híbrida. Na terceira xeración obtivéronse dúas bandas, unha lixeira (cunha abundancia do 75%) e outra intermedia (co 25% restante).

A banda intermedia ou híbrida representa unha molécula de ADN que contén unha cadea pesada (orixinal) e outra lixeira (de nova síntese). As cadeas lixeiras representan unha molécula de ADN na que as dúas cadeas foron sintetizadas (non existían aínda cando as células foron postas en presenza de nitróxeno-15.

O feito de que cada vez haxa máis moléculas lixeiras e se manteña o número de moléculas intermedias amósanos que a replicación do ADN é semiconservativa. Se fose conservativa, aparecería sempre unha banda pesada e o resto lixeiras (figuras 1.a, 1.b, 1.c) . Se fose dispersante só aparecerían bandas híbridas de densidade intermedia en todas as xeracións.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bramhill, D., e Kornberg, A. 1988. A model for initiation at origins of DNA replication. Cell 54:915-18.

Outros artigos editar