Evaristo Castromil

empresario galego
(Redirección desde «Evaristo Castromil Otero»)

Evaristo Castromil Otero, nado en Santiago de Compostela en 1876 e finado na mesma cidade o 29 de outubro de 1969, foi un empresario galego.

Modelo:BiografíaEvaristo Castromil

Evaristo Castromil en 1911.
Biografía
Nacemento1876 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de outubro de 1969 Editar o valor en Wikidata (92/93 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor en Wikidata

BUSC: castromil-otero-evaristo-1876-1969

Traxectoria

editar

Comezou traballando para o Banco de Olimpio Pérez. Despois exerceu como corredor de comercio e entrou en contacto coa importación de vehículos. Decantouse polo mundo do transporte e creou unha empresa de transporte de viaxeiros en 1917.[1] En 1918 inaugurou a primeira liña de Galicia, que unía Santiago con Pontevedra, nun traxecto dunhas dúas horas de duración e cuns prezos que ían das 5,60 ás 10 pesetas, dependendo do lugar ocupado no coche.[1] Tamén comezou a ofrecer un servizo diario entre Santiago e A Coruña, que foi a orixe da empresa Castromil.

Vida persoal

editar

Foi pai de Ramón Castromil Casal († 1990) e avó de Ramón Castromil Ventureira[2].

  1. 1,0 1,1 (Escudero 2000, p. 138)
  2. (Escudero 2000, p. 141)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Seijas Llerena, Daniel (2006). "O empresario dos coches de liña" en Empresarios de Galicia. CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 345–361. 
  • Escudero, Eugenia (2000). "Castromil. El primer "eje atlántico"". Grandes empresas. Grandes historias de Galicia (en castelán). La Voz de Galicia. pp. 138–141.