Evansville, Indiana
Evansville | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Situación xeográfica | |
País: | Estados Unidos |
Estado: | Indiana |
Condado: | Vanderburgh |
Incorporada: | 1819 |
Alcalde: | Lloyd Winnecke |
Xeografía | |
Altitude: | 118 msnm |
Superficie: | 105,6 km² |
Poboación | |
Poboación total: | 117.429 |
Densidade de poboación: | 1.153,4 |
Información | |
Sitio na web: | http://www.evansvillegov.org/ |
Evansville é a terceira cidade máis grande do estado estadounidense de Indiana, e a maior de Southern Indiana. No censo do ano 2010 a cidade tiña unha poboación de 117.429 habitantes, e unha área metropolitana con 358.676. É a capital do condado de Vanderburgh é o principal centro de actividade rexional das áreas Southwestern Indiana e Illinois-Indiana-Kentucky Tri-State Area.
Establecida en 1812, a cidade está situada nun suave meandro en ferradura do río Ohio, e adoita a ser chamada "River City" (cidade do río).Unha das atraccións máis populres da rexión é o casino Aztar, o primeiro casino frotante do estado de Indiana. Evansville é tamén o fogar da University of Evansville e da University of Southern Indiana.
A ampla base económica da rexión contribuíu a construír unha economía coñecida pola súa estabilidade, diversidade e vitalidade. No ano 2004 Evansville foi nomeada unha "All-America City" pola organización National Civic League[1]. No ano 2008 foi elixida a mellor cidade do país para "vivir, traballar e xogar" polos lectores da publicación Kiplinger, e un ano despois a 11ª mellor[2].
NotasEditar
- ↑ "National Civic League Announces Recipients Of 2004 All-America City Award" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2004. Consultado o 28 de xuño de 2004.
- ↑ kiplinger.com - Best Cities -- Honorable Mention (en inglés)