Eva García Sáenz

escritora vasca en lingua castelá
(Redirección desde «Eva García Sáenz de Urturi»)

Eva García Sáenz de Urturi, nada en Vitoria (Áraba) en 1972,[1] é unha novelista vasca en lingua castelá.

Eva García Sáenz
Nome completoEva García Sáenz
Nacemento20 de agosto de 1972
Lugar de nacementoVitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Alacant
Ocupaciónnovelista, escritora, xerente e profesora universitaria
Coñecida porAquitania
PremiosPremio Planeta
Na rede
http://www.evagarciasaenz.com/ e https://www.evagarciasaenz.com/english/
IMDB: nm9827225 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Con 15 anos foi vivir a Alacant. Estudou óptica e optometría na Universidade de Alacant,[2] e despois pasou a traballar como docente nesa institución como técnica de biblioteca[3]

En 2012, logo de enviar sen éxito o texto a diversas editoriais, publicou con Amazon a súa primeira novela, La saga de los longevos.[4] En 2014 publicou Los hijos de Adán e Pasaje a Tahití.[5] Con elas, converteuse nun fenómeno de vendas e foi traducida ao inglés.[1]

En 2016, publicou El silencio de la ciudad blanca, novela negra ambientada na súa cidade natal[5] coa que comezou a triloxía La ciudad blanca. Para ambientarse no proxecto contactou cunha academia de policía, onde fixo dous cursos de inspección técnica ocular e revelado de pegadas. Segundo comentou, "O peor foi a inspección técnica ocular, pois tes que ver moitas fotos de crimes e foron dous meses moi intensos e técnicos, pero serviume para facer a novela máis verosímil e para escribir algo que non revolvese o estómago do espectador, quería unha historia que non salpicase sangue, máis elegante".[6] A triloxía foi un enorme éxito editorial, conseguindo máis dun millón de lectores; tamén foi traducida a quince idiomas e foi adaptada cinematograficamente por A3Media Cine.[1]

No ano 2020, gañou a 69ª edición do Premio Planeta coa súa novela do xénero histórico, Aquitania.[2]

Obra editar

  • 2012, La saga de los longevos: la vieja familia (Saga de Los Longevos 1)
  • 2014, Los hijos de Adán (Saga de Los Longevos 2)
  • 2014, Pasaje a Tahití
  • 2016, El silencio de la ciudad blanca (Triloxía La Ciudad Blanca 1)
  • 2017, Los ritos del agua (Triloxía La Ciudad Blanca 2)
  • 2018, Los señores del tiempo (Triloxía La ciudad Blanca 3)
  • 2020, Aquitania

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Lorenci, Miguel (15 de outubro de 2020). "ideal.es". ideal.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Cortés Galdo, Rocío (15 de outubro de 2020). "Eva García Sáenz de Urturi gana el premio Planeta". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  3. "Autores - Eva García Sáenz". La Esfera de los Libros. Consultado o 22 de outubro de 2016. 
  4. "De técnico en la biblioteca en la Universidad de Alicante a fenómeno mediático en Amazon". El Mundo. 23 de maio de 2012. Consultado o 22 de outubro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 "La vitoriana Eva García Sáenz de Urturi presenta en la Catedral de Santa María su exitosa novela El silencio de la ciudad blanca". El Correo. 6 de xullo de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2016. 
  6. África Pardo (19 de abril de 2016). "De la novela histórica a la criminal". Diario Información. Consultado o 22 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar