Eva Cernadas

investigadora galega

Eva Cernadas García, nada na Coruña en 1969,[1] é unha científica galega.

Infotaula de personaEva Cernadas
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (2006–)
Universidade de Vigo (2000–2006)
Universidade da Estremadura (pt) Traducir (1997–2000) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Eva Cernadas é Profesora titular da área de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial e investigadora vinculada ó Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) na Universidade de Santiago de Compostela . Investiga no deseño de novas técnicas de visión por computador e aprendizaxe automática para resolver problemas nos ámbitos da bioloxía, tecnoloxía dos alimentos ou medicina.[2] Foi pioneira na utilización da intelixencia artificial para a predición da calidade de lombos e xamóns.

Gañadora do segundo premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia en intelixencia artificial. Participa na promoción da igualdade deseñando obradoiros no programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole[3] ou promovendo o concurso Informatízate para estudantes.

Notas editar

  1. "Eva Cernadas". IEEE Xplore (en inglés). 
  2. "Eva Cernadas presenta a súa investigación ante a comunidade médica". citius.gal. Consultado o 2023-11-16. 
  3. "Unha enxeñeira ou científica en cada cole". unhaencadacole.gal. Consultado o 2023-02-25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar