Euskal Ezkerra (EuE) foi un partido político nacionalista vasco de esquerda, fundado en 1992 como unha escisión de Euskadiko Ezkerra.

Euskal Ezkerra
Tipopartido político español
IdeoloxíaSocialdemocracia
Data de fundación1993
Data de disolución1994
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Tras decidiren a maior parte dos militantes de EE fusionarse co Partido Socialista de Euskadi, o sector minoritario decidiu fundar un novo partido que contou coa maioría dos cargos electos de EE, entre eles Kepa Aulestia. Pretendía aglutinar a aqueles sectores da esquerda que non comungaban cos postulados de Herri Batasuna pero que defendían o dereito de autodeterminación para o conxunto do País Vasco.

Nas eleccións xerais de 1993 presentouse en coalición con Eusko Alkartasuna pero obtivo un resultados peores que os que obtivera en solitario EA en 1989. O fracaso electoral levou á ruptura da coalición e a disolución de EuE pouco tempo despois.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar