Euskadi Irratia (en galego: Radio Euskadi) é unha emisora de radio pertencente ao Grupo Euskal Irrati Telebista (EITB), o ente público de comunicación que depende do Goberno Vasco. A súa programación realízase integramente en éuscaro e os seus estudos localízanse na cidade de Donostia.

Euskadi Irratia
Área de radiodifusiónPaís Vasco País Vasco
Primeira emisión23 de novembro de 1982
Na rede
http://www.eitb.com/irratia/euskadi-irratia
editar datos en Wikidata ]
Manu Etxezortu, comentarista do programa Faktoria.

Historia

editar

O nacemento e historia de Euskadi Irratia está intimamente relacionado coa historia de Radio Euskadi, a súa emisora análoga en lingua castelá.

Nacemento no País Vasco francés

editar

O 21 de decembro de 1946 saía ao aire desde Mouguerre, no País Vasco francés, Radio Euskadi, la Voz de la Resistencia Vasca que fora organizada e dependía do Goberno Vasco no exilio. As oficinas atopábanse en Saint-Jean-de-Luz e a súa programación, en onda curta, estaba dedicada á loita contra a ditadura de Franco polo que se facía fincapé nas datas especiais, como a do Aberri Eguna. Tamén se adoitaba utilizar para interferir as emisoras do réxime no País Vasco.

As presións do goberno español sobre o francés levaron ao peche das instalacións en agosto de 1954. Esta primeira etapa de Radio Euskadi estivo impulsada por Joseba Rezola.

Dende Venezuela

editar

O 10 de xullo de 1965 comezan as emisións desde Venezuela. Emitíase desde os estudos El Paraíso en Caracas aínda que o emisor estaba en plena selva. Esta localización gardouse en segredo ata 1971, descuberta por ETA que tentou utilizar a emisora para os seus fins. A emisora de Venezuela pechouse o 30 de abril de 1977.

Actual etapa

editar

A actual Euskadi Irratia é froito do Estatuto de Gernika, sendo lanzada de maneira oficial o 23 de novembro de 1982. Foi a primeira canle que puxo en marcha o grupo de comunicación vasco e converteuse na primeira radio pública autonómica do Estado. Posteriormente, sumáronse ao grupo, Euskal Telebista (cadea de televisión), Radio Euskadi (cadea xeneralista en castelán) e Radio Vitoria (que emite en castelán e diríxese especialmente ao público arabés).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar