Eurystomus

xénero de aves

Eurystomus é un xénero de aves coraciformes, un dos dous xéneros pertencentes á familia Coraciidae. O nome significa ‘boca ancha’, do grego eurus (εὐρύς, ‘ancho, largo’) e stoma (στόμα, ‘boca’).[1]

Contén catro especies que crían en África, Asia e Australasia. Dúas das súas especies encóntranse só en África, e unha delas, Eurystomus glaucurus, é migratoria. En cambio, a Eurystomus orientalis está amplamente distribuída desde a India até o Xapón e Australia. Ademais é migratoria nos extremos norte e sur da súa área de distribución. A última especie, a Eurystomus azureus é endémica das illas Molucas, en Indonesia. En xeral son aves forestais e de sabana, aínda que prefiren buscar alimento en espazos abertos.

Características editar

Os membros de Eurystomus son aves de peteiro ancho que se diferencian do outro xénero dos corácidos, Coracias, por ter ás proporcionalmente máis longas e as patas máis curtas. Esta diferenza morfolóxica reflicte as diferenzas nas técnicas de caza, mentres que os membros de Coracias cazan axexando desde un lugar e lánzanse en picado á terra para atrapar as súas presas, as máis áxiles e rápidas de Eurystomus atrapan as súas presas ao voo. A diferenza dos membros de Coracias, non emiten o característico canto entrecortado.[2]

Especies editar

As catro especies que integran o xénero son:

Notas editar

  1. William Somerville Orr (1855). Orr's circle of the sciences: a series of treatises on the principles of science, with their application to practical pursuits. W.S. Orr & Company. p. 517. 
  2. Fry, C (2001). "Family Coraciidae (Rollers)". En del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi. Handbook of the Birds of the World. Volume 6, Mousebirds to Hornbills. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 342–369. ISBN 978-84-87334-30-6. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar