European Venus Explorer

A European Venus Explorer (EVE), coñecida até 2007 como Venus Entry Probe (VEP), é unha sonda espacial proposta da Axencia Espacial Europea para Venus. Na cronoloxía do TRS de 2005 (technology reference study, estudo de referencia tecnolóxica), propúxose que a nave espacial fose lanzada nun vehículo de lanzamento Soiuz-2 / Fregat ao redor de 2013.[1] Porén, as solicitudes para financiar e desenvolver a nave espacial en 2007[2] e 2010[3] foron rexeitadas.

Cosmic Vision
Datos da misión
Misión: European Venus Explorer
Rampla de lanzamento: Guayana Francesa, Porto Espacial de Kourou
Vehículo de lanzamento: Soiuz-2 / Fregat
Duración: Cronograma variable

EVE foi unha proposta de misión de clase media no programa Cosmic Vision.[4] O concepto da misión consistía nun orbitador e un globo que circunnavegarían o planeta ao longo dunha semana, e unha sonda de aterraxe que funcionaría durante aproximadamente unha hora na superficie.[5]

Aínda que a VEP non foi escollida finalmente para a súa realización na quenda de selección de 2007 por motivos programáticos, a misión EVE foi sinalada como punto de referencia útil para futuras misións[6].

Visión xeral

editar

O concepto da misión precisa de dous satélites: o Venus Polar Orbiter (VPO), para a teledetección da atmosfera, e o Venus Elliptical Orbiter (VEO), que desprega a sonda de entrada desde unha órbita altamente elíptica. A sonda de entrada contería un globo-aerobot que flota en condicións benignas a 55 km de altitude na capa media de nubes, e deixaría caer até 15 microsondas á baixa atmosfera.[1] [5]

  1. 1,0 1,1 "ESA Science & Technology - Venus Entry Probe". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  2. First proposal for launch in 2016-18 timeframePrimeira cronoloxía para o lanzamento, 2016-18. Universidade de Viena
  3. Second proposal for 2021-23 launch Segunda cronoloxía para o lanzamento, 2021-23. Universidade de Viena
  4. Chassefière, E.; Korablev, O.; Imamura, T.; Baines, K. H.; Wilson, C. F.; Titov, D. V.; Aplin, K. L.; Balint, T.; Blamont, J. E. (2009-03-01). "European Venus Explorer (EVE): an in-situ mission to Venus". Experimental Astronomy (en inglés) 23 (3): 741–760. ISSN 1572-9508. doi:10.1007/s10686-008-9093-x. 
  5. 5,0 5,1 Chassefière, E.; Korablev, O.; Imamura, T.; Baines, K. H.; Wilson, C. F.; Titov, D. V.; Aplin, K. L.; Balint, T.; Blamont, J. E. (2009-03-01). "European Venus Explorer (EVE): an in-situ mission to Venus". Experimental Astronomy (en inglés) 23 (3): 741–760. ISSN 1572-9508. doi:10.1007/s10686-008-9093-x. 
  6. Chassefière, E.; Korablev, O.; Imamura, T.; Baines, K. H.; Wilson, C. F.; Titov, D. V.; Aplin, K. L.; Balint, T.; Blamont, J. E. (2009-03-01). "European Venus Explorer (EVE): an in-situ mission to Venus". Experimental Astronomy (en inglés) 23 (3): 741–760. ISSN 1572-9508. doi:10.1007/s10686-008-9093-x. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar