Eugenio López López

fiscal e político galego

Eugenio Casimiro López López, nado en Ourense o 18 de setembro de 1921 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1995[1], foi un fiscal e político galego.

Eugenio López López
Nacemento18 de setembro de 1921
 Ourense
Falecemento20 de decembro de 1995
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfiscal e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De familia de orixe sarriá. Licenciado en Dereito. Pertenceu á carreira fiscal. Foi gobernador civil e xefe provincial do Movimiento de Cuenca. Delegado nacional de Xuventudes (1962), conselleiro nacional do Movimiento, procurador en Cortes (1963-1971) e director xeral de ensino primario (1968)[2]. Foi fiscal da Audiencia Provincial de Toledo (1975)[3]. En 1988 foi nomeado tenente fiscal inspector da Fiscalía Xeral do Estado.[4]

HomenaxesEditar

Recibiu a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort e as grandes cruces do mérito militar, naval e aeronáutico.

Benfeitor do concello de SarriaEditar

Ao seu impulso débese a creación do Colexio Nacional Mixto Comarcal, hoxe Colexio de Ensino Primario "Frei Luís de Granada", e dunha Escola Fogar. Foi nomeado fillo adoptivo de Sarria, sendo obxecto dunha multitudinaria homenaxe popular, con ocasión da inauguración do Colexio.

Colexio en CeeEditar

O colexio público de Cee leva o seu nome.[5]

Rúas en Camariñas e OrtigueiraEditar

En Camariñas[6] e Ortigueira[7] hai rúas co seu nome.

Vida persoalEditar

Casou con María del Carmen Simón Albadalejo.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar