Yoya Neira

política española
(Redirección desde «Eudoxia María Neira Fernández»)

Eudoxia María Neira Fernández, alcumada 'Yoya',[1] nada na Coruña en 1975 é unha política coruñesa do PSdeG-PSOE.

Eudoxia Neira


Concelleira na Corporación Municipal da Coruña
por PSdeG-PSOE
Actualmente no cargo
Dende o 2009

Concelleira de Transportes e Mobilidade do Goberno Municipal
2009 – 2011
Precedido por José Nogueira
Sucedido por Julio Flores

Datos persoais
Nacemento 1975 A Coruña, Galicia Galicia
Partido PSdeG-PSOE
Alcume Yoya
Profesión Política
Residencia A Coruña

Traxectoria editar

Avogada. Afiliouse ao PSdeG-PSOE en 1996[2], foi asesora do Concello da Coruña e após a renuncia de Mar Barcón á súa acta de concelleira, asumiu a concellaría de Transportes e Mobilidade en febreiro de 2009, cargo que ocuparía até o ano 2011[3].

Desde entón ocupa as bancadas da oposición na corporación municipal tras ser elixida tanto nas eleccións municipais de 2011 coma nas de 2015. Dende decembro de 2018, é a voceira do grupo socialista no Concello coruñés. Pertenceu a distintos órganos de dirección do PSOE no ámbito local e autonómico. Casada e nai de tres fillos. Compaxina a actividade política coa súa profesión de avogada en exercicio.

Notas editar

  1. "En los buses se mejorará lo que haya que mejorar". La Voz de Galicia. 17 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2015. 
  2. Yoya Neira: «Si somos casta, nosotros somos casta de la calle» www.lavozdegalicia.es, 10/05/2015
  3. Obdulia Taboadela sustituye a Mar Barcón como concejala de Urbanismo de A Coruña www.20minutos.es, 02/02/2009