Eudaimonía (do grego antigo: εὐδαιμονία) é un termo grego que literalmente significa "o estado de ser habitado por un bo daemon, un bo xenio", e, en xeral, é traducido como felicidade ou benestar. Con todo, outras traducións foron propostas para expresar mellor o que sería un estado de plenitude do ser.[1]

Os estoicos presentaron moitas estratexias prácticas para avanzar cara a eudaimonía. "Vivir de acordo coa natureza" era unha máxima central no estoicismo.[2]

Etimoloxía editar

A palabra está composta por "eu" ('bo') e "daimōn" ("espírito"). Trátase dun dos conceptos centrais na ética e na filosofía política de Aristóteles, xuntamente con "areté" (xeralmente traducido como "virtude" ou "excelencia") e "phronesis" (frecuentemente traducido como prudencia ou "sabedoría práctica").[3] Na obra de Aristóteles, a palabra 'eudaimonía' foi usada (con base na tradición grega máis antiga) como equivalente ao supremo ben humano - sendo o obxectivo da filosofía práctica - incluíndo a ética e a filosofía política - definir o que é ese ben e como pode ser alcanzado.

As relacións entre a virtude do carácter (ethikē aretē) e a felicidade ( eudaimonía) constitúe unha das principais cuestións de ética entre os filósofos gregos antigos, con moita controversia sobre o tema. Como resultado, tamén hai varias formas de eudemonismo. Entre estas formas, dúas das máis influentes son a de Aristóteles [4] e a dos estoicos . Aristóteles considera a virtude e o seu exercicio como o compoñente máis importante da eudaimonía (εὐδαιμονία), mais tamén recoñece a importancia de bens externos como a saúde, a riqueza e a beleza. Os estoicos, por outra banda, consideran a virtude necesaria e suficiente para a eudaimonía e, polo tanto, negan a necesidade de bens externos. [5]

Notas editar

  1. Daniel N. Robinson. (1999). Aristotle's Psychology. ISBN 0-9672066-0-X ISBN 978-0967206608
  2. "Viver de acordo com a natureza – O objetivo estoico de vida". 
  3. Rosalind Hursthouse (18 de xullo de 2007). "Virtue Ethics". 
  4. Verena von Pfetten (4 de setembro de 2008). "5 Things Happy People Do". Em seu tempo [de Aristóteles], os gregos acreditavam que cada criança, ao nascer, recebia um daemon pessoal que personificava a melhor expressão possível da natureza daquela criança. O daemon era comparado a uma estatueta de ouro que só seria revelada ao se quebrar a camada externa de cerâmica barata que a envolvia (o aspecto exterior da pessoa). 
  5. Jacobs, J.A. (2012). Reason, Religion, and Natural Law: From Plato to Spinoza. ISBN 9780199767175. LCCN 2012001316. 

Véxase tamén editar

Outros artigos

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.