Etéocles
Na mitoloxía grega, Etéocles (grego antigo: Ἐτεοκλῆς) era un rei de Tebas, fillo de Edipo e Iocasta e irmán de Polinices, Ismene e Antígona.
Ao saberen dos crimes do seu pai, el e Polinices negáronse a socorrelo cando foi desterrado, polo que Edipo maldíxoos.
Acordaron reinaren Tebas un ano cada un, de xeito alterno. Porén, acabado o seu prazo, Etéocles non lle quixo ceder o trono ao seu irmán. Daquela, Polinices, xunto con Adrasto (rei de Argos) e outros heroes, recrutou un exército e iniciou a expedición coñecida como Os sete contra Tebas. Nela, finalmente, Polinices e Etéocles déronse morte un ao outro.
Etéocles foi pai de Laodamante, quen tamén reinou Tebas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Etéocles |
Bibliografía
editar- Pausanias, Descrición de Grecia IX. 34.9, 36.1, 38.1.