Etiquetaxe enerxética da Unión Europea

Aplícase ós aparatos de uso doméstico, incluso cando se vendan para usos non domésticos, cuxa utilización teña unha incidencia directa ou indirecta no consumo de enerxía e doutros recursos esenciais, como a auga. Non se aplicará nos produtos de segunda man nin nos medios de transporte de persoas ou mercancías.

Etiqueta enerxética dunha lavadora
A etiqueta enerxética que mostran algúns electrodomésticos de uso doméstico (frigoríficos e conxeladores, lavadoras, secadoras, lavalouzas, quentadores de auga e acumuladores de auga quente, fornos eléctricos, aparatos de aire acondicionado e lámpadas eléctricas) ten como función informar ós consumidores da eficiencia enerxética do aparato, ademais de engadir outra información complementaria de interese para o usuario. Esta fórmula de etiquetaxe pretende orientar ó usuario na elección no momento da compra e estimulalo a adquirir electrodomésticos máis eficientes.

O sistema de etiqueta enerxética clasifica os electrodomésticos en sete categorías, de máis a menos eficiente, utilizando letras –do A ó G- e cores. A diferenza de consumo enerxético entre unha clase e a seguinte é dun 10-15%. Os aparatos máis eficientes, con consumos por debaixo do 55% do consumo medio, identifícanse coa letra A e a cor verde. Os de eficiencia media, con consumos situados na media (entre o 90 e 0 110%), identifícanse coas letras D e E. Os menos eficientes, con consumos por riba do 125% do consumo medio, identifícanse coa letra G e a cor vermella.

Para os frigoríficos e conxeladores creáronse tres categorías adicionais: A+, A++ e A+++, sendo esta última a máis eficiente.

Información da etiqueta enerxética editar

Segundo o tipo de aparato a información pode variar, pero basicamente contén estes datos:

  • Nome ou marca comercial do fabricante e identificación do modelo.
  • Clase de eficiencia enerxética, mediante unha frecha da cor correspondente e unha letra no corpo da frecha.
  • Etiqueta ecolóxica, só cando a empresa obtivo este selo, segundo o Regulamento 1980/2000 relativo a un sistema comunitario revisado de concesión de etiqueta ecolóxica [1].
  • Consumo enerxético: expresado na forma que corresponda a cada tipo de aparato (por exemplo, kWh no caso dun forno eléctrico; kWh por ciclo de lavado, no caso dunha lavadora) [1].
  • Tamaño do aparato, medido en volume ou capacidade. No caso dun forno eléctrico establécense 3 tipos: pequeno: entre 12 e 35 litros; mediano: entre 35 e 65 litros; grande: máis de 65 litros. No caso dunha lavadora indícase a capacidade en quilogramos de roupa de algodón.
  • Nivel de ruído medio do aparato. Nunha lavadora, por exemplo, engádese o consumo de auga nun ciclo de lavado estándar.
  • Data na que se validou a información (que pode ir só no manual ou folletos que acompañen ó equipo).

Normativa aplicable editar

O obxectivo da normativa europea e nacional que regula a etiquetaxe enerxética é harmonizar as medidas relativas á etiquetaxe dos electrodoméstricos e a información adicional que os acompaña, de modo que se ofreza ós usuarios os datos de consumo de enerxía e doutros recursos esenciais, cvoa fin de que os consumidores dispoñan da información suficiente para elixi-los aparatos de maior eficiencia enerxética.

O obxectivo final é conseguir un aforro do 20% no consumo de enerxía na Unión Europea para o ano 2020. Para a consecución deste obxectivo, a Unión estableceu tamén outras medidas para o desenvolvemento de enerxías renovables e a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro. Ademais, insta ós Estados membros a desenvolver campañas informativas de carácter informativo destinadas a promove-la eficiencia enerxética e un uso responsable da enerxía por parte do usuario final.

  • Directiva 2010/30/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 19 de maio de 2010, relativa á indicación do consumo de enerxía e outros recursos por parte dos produtos relacionados coa enerxía, mediante a etiquetaxe e unha información normalizada (DOUE nº L 153, de 18.6.2010).[2]
    • Derroga a Directiva 92/75/CEE do Consello, de 22 de setembro de 1992, relativa á indicación do consumo de enerxía e doutros recursos dos aparatos domésticos, por medio da etiquetaxe e dunha información uniforme sobre os produtos (DOCE nº L 297, de 13.10.1992).[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar