Estreito de Otranto
O Estreito de Otranto é un estreito situado entre Italia e Albania, conecta o Adriático co Mar Xónico, toma o nome da cidade de Otranto.
Durante a primeira guerra mundial foi importante estratexicamente, navíos de Italia, Francia e Gran Bretaña estableceron unha blocaxe no estreito impedindo que a frota austro-húngara entrara no Mediterráneo.