Estramonio
Figueira tola | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Datura stramonium in Franz Eugen Köhler, 1897 | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Datura stramonium' L., Sp. Pl. 1:179, 1753 [1] |
O estramonio (Datura stramonium), tamén coñecido como figueira tola, figueira do inferno, herba do demo e herba do gurgullo, é unha planta da familia das solanáceas, de follas relativamente grandes e anchas, flores solitarias e xeralmente brancas en embude e froito ovoide semellante a unha noz espiñenta, que contén numerosas sementes vermellas. Medra en zonas montañosas e atópase a menor altitude en zonas húmidas e con alto contido en nitróxeno.
Todas as partes da planta resultan tóxicas pola elevada concentración de alcaloides, especialmente nos talos e nas nervaduras das follas. Ten propiedades alucinóxenas e as súas sementes utilizáronse tradicionalmente, pero con precaución, como analxésico.
O uso medicinal desta planta é moi perigoso e a posibilidade de accidentes pola súa inxestión polo gando, mesturada coa herba [1], ou da xente, mesturado co gran, fai que se recomende queimala para evita-la súa extensión no campo.
A herba do demo na cultura popular
editarO estramonio recibe numerosas denominacións populares, que agruparemos segundo a orixe do nome:
- Pola cápsula espiñenta que acolle as sementes: herba dos ourizos,
- Polo seu cheiro desagradable: fedorentos, fedores, herba fedenta, (en castelán: higuera hedionda),
- Pola súa toxicidade e uso como veleno: figueira do demo, figueira do inferno, figueira infernal, herba do inferno, herba do morto/dos mortos, herba dos cheirosos, merda do demo,
- Polo seu poder alucinóxeno: figueira tola (en castelán, higuera loca),
- Pola súa acción medicinal no gando:
- as amatas das bestas curan colocando as follas sobre elas: herba do asno. Sarmiento xa recolleu este uso na súa Viaxe a Galicia en 1745.
- As nacidas (carbuncho no gando vacún) curábanse metendo follas ou talos baixo a pel, para que drenase o mal: herba das nacidas, herba das vacas,
- Por crer que as sementes poden mata-los gurgullos do gran: gurgullo, herba do gurgullo.
As denominacións de figueira tratan de reflecti-lo tamaño e forma das follas, xa que o froito non ten ningunha semellanza cos figos da verdadeira figueira.
Tamén se lle coñecen as denominacións de corno do cervo, croxón, herba do corvo, herba do corno (¿el será erro por corvo?) e herba xigante, sen que se aparente existir unha razón directa.
Notas
editar- ↑ "Mueren nueve vacas en Rois después de comer la planta de la burundanga", en La Voz de Galicia, 20.10.2022.