Esto[1] é noticia foi un programa de actualidade da TVG que se emitiu entre o 29 de xaneiro de 1995 e xaneiro de 1996. Primeiro presentado por Pilar García Rego a partir de setembro presentouno Dolores Bouzón, quen fora a primeira voz da TVG, e máis tarde tamén Roberto Pereira. Entre as súas seccións contaba cunha onde diversos actores, como Ricardo Barreira, contaban contos.

Notas editar

  1. Daquela, o pronome esto era correcto en galego normativo.