Estilista
Un estilista é un profesional que se dedica a asesorar sobre a vestimenta, o peiteado e en xeral a imaxe e estética dos seus clientes, normalmente tomando como guía a moda ou tendencias do momento.
Formación e requisitos (España)
editarOs estilistas son os profesionais encargados de crear unha harmonía estética ao redor dun suxeito ou escenario. O estilita encárgase de seleccionar os elementos adecuados para unha editorial de revista, campañas publicitarias, televisión, vídeos musicais, presentacións en concertos e calquera aparición pública dalgún modelo ou celebridade. Os estilistas xeralmente son parte dun equipo requirido polo cliente para traballar xunto con deseñadores de moda, fotógrafos, directores, peiteadores e maquilladores para crear un aspecto particular ou un tema para un proxecto específico.
Para traballar como estilista hai varias vías a seguir:
- Formación Profesional de Grao Superior: Estilismo, Asesoría de imaxe persoal,deseño en estilismo de indumentaria e en modelismo.
- Estudos Universitarios de Grao Superior: Escolas de deseño e moda.
- Outros Estudos:
- Cursos de peiteado.
- Cursos de maquillaxe.
- Cursos de estilismo de moda.
- Cursos de estilismo, imaxe e moda.
- Cursos de fotografía de moda e estilismo persoal.
Mercado Laboral
editarAs saídas profesionais do estilismo son as seguintes:
- Estilista.
- Editor de Moda.
- Asesor Persoal.
- Estilista de Pasarela.
- Estilista de Fotografía.