Abrir o menú principal

Un estilema é unha construción formal peculiar que é recorrente nun autor, permitindo ás veces recoñecelo, e característica da súa linguaxe, da súa escrita literaria.

ExemplosEditar

  • Estilemas de Otero Pedrayo. Exemplos de Os señores da terra (Os camiños da vida, ed. Galaxia):
  1. Xenitivo escalonado: A frase divídese en banzos que se subordinan uns a outros por medio de preposicións: as de enriba bicadas polas longas pólas do souto da outra banda do camiño. (páxina 7)).
  2. Presenza continuada nos textos descritivos de sintagmas nominais que alternan a estrutura (DETERMINANTE) + NÚCLEO + MODIFICADOR coa estrutura (DETERMINANTE) + MODIFICADOR + NÚCLEO: Bandas de roseiras e dinteis retortos (páxina 4), grande fachada composta de capela barroca (3), pólas do souto da outra banda do camiño (7), Grande parede de forras coroadas (páxina 13), Fermosas pinturas de paisaxes e flores doutros climas (22), presidía cheminea barroca e franqueábase o balcón, orgullo da casa (...) Sabias disposicións e costumes dos antergos (46).
  3. A ausencia de temor por repetir a preposición no interior da cláusula: Comezaban no xardín, na horta e no pomar e corrían en mainas baixadas de nabeiras, bacelos, lameiros e montós de arboredos, cinguidas en xunto pola grande parede de forras coroadas por capias e cabaletes (11).

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.