Estadio de Kaliningrado

Coordenadas: 54°41′53″N 20°32′02″L / 54.698055555556, 20.533888888889

O Estadio de Kaliningrado (en ruso: Калининградский стадион), tamén coñecido como Arena Baltika (Арена Балтика), é un estadio de fútbol ruso da cidade que lle dá nome, Kaliningrado. Este estadio albergou catro partidos da fase de grupos do Mundial de Fútbol Rusia 2018. É o campo do FC Baltika Kaliningrado da Liga Premier de Rusia. Ten capacidade para 35.015 espectadores. Foi construído para a disputa do Mundial por mor de que o outro estadio da cidade (Estadio Baltika) non tiña suficiente capacidade, era demasiado antigo e non estaba ben situado para un evento de tan grande magnitude.

Estadio de Kaliningrado
Estadio de categoría 4 da UEFA
Datos
LocalizaciónKaliningrado, Rusia Rusia
Construción
Inauguración11 de abril de 2018
ArquitectoWilmotte & Asociados, Mersfor
Rus OOO, Mostovik NPO
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 68
Capacidade35.015
PropietarioMostovik NPO
LocalíaFC Baltika Kaliningrado
Eventos
Mundial de Fútbol Rusia 2018

O estadio está situado nunha illa no interior do curso do río Pregolia, ás aforas da cidade de Kaliningrado. Por ese motivo, os deseñadores buscaron un aspecto para a construción que harmonizara coa contorna.

Ao estar localizado no Óblast de Kaliningrado, pequeno enclave ruso no Mar Báltico, fixo que este fose o estadio da Copa Mundal de Fútbol 2018 máis próximo á Unión Europea e ao Espazo de Schengen, a tan só uns 45 quilómetros da fronteira con Polonia.

Mundial de Fútbol Rusia 2018 editar

Data Local Res. Visitante Rolda Asistencia
16 de xuño de 2018   Croacia 2 - 0   Nixeria Grupo D 31.136[1]
22 de xuño de 2018   Serbia 1 - 2   Suíza Grupo E 33.167[2]
25 de xuño de 2018   España 2 - 2   Marrocos Grupo B 33.973[3]
28 de xuño de 2018   Inglaterra 0 - 1   Bélxica Grupo G 33.973[4]

Notas editar

  1. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Croatia - Nigeria - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-21. 
  2. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Serbia - Switzerland - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 2018-07-21. 
  3. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Spain - Morocco - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 2018-07-21. 
  4. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - England - Belgium - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-21.