Estadio George Capwell

Coordenadas: 2°12′24″S 79°53′38″O / -2.206603, -79.893758

O Estadio George Lewis Capwell é un estadio de fútbol situado na cidade de Guayaquil, en Ecuador, propiedade do Club Sport Emelec, que xoga nel os seus encontros como local da Liga ecuatoriana. O estadio foi construído entre 1943 e 1945, e inaugurado o 21 de outubro de 1945, converténdose no primeiro estadio de Ecuador en ser propiedade dun club deportivo. No momento da súa inauguración collían 11.000 persoas nas bancadas. Actualmente teñen capacidade para acoller a 30.016 espectadores.

Estadio George Lewis Capwell
Estadio George Capwell
Datos
LocalizaciónGuayaquil, Ecuador
Construción
Inauguración1945
Renovación1991
ArquitectoRicardo Mórtola
Custo17'4 millóns $
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade30.016
PropietarioClub Sport Emelec
LocalíaClub Sport Emelec
Eventos

O nome do estadio é unha homenaxe ó fundador do club, un estadounidense que chegou a Ecuador coa misión de construír unha central eléctrica en Guayaquil, e que quixo crear un club deportivo para os empregados da empresa. Esa empresa, chamada Empresa Eléctrica de Ecuador, da nome ó club (Em-El-Ec).

Situación do estadio en Guayaquil.

O recinto foi construído coa idea de que nel se practicase o béisbol, pero a popularidade crecente do fútbol entre empregados e espectadores fixo que finalmente se adicase só á esta practica deportiva.

A Copa América do ano 1947 disputouse integramente neste estadio. Non obstante, a posterior construción na cidade do Estadio Modelo fixo que o Estadio George Capwell caese en desuso, ata tal punto que a finais dos anos 70 era un estadio en ruínas, e estivo a piques de ser vendido varias veces. Foi a finais dos anos 80 cando se tomou a decisión de reconstruílo. A reinauguración tivo lugar o 26 de maio de 1991, cunha capacidade para mais de 21.000 persoas, e dende entón é un dos estadios de referencia no país. En 1993 acolleu dous encontros da Copa América. Certas remodelacións posteriores ampliaron a súa capacidade ata as 30.016 persoas, e existen plans para facer unha nova ampliación en 2012 ata as 40.275.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar