Estadio Antonio Domínguez Alfonso

Coordenadas: 28°03′35″N 16°43′34″O / 28.059722222222, -16.726111111111

O Estadio Antonio Domínguez Alfonso é un estadio multiúsos español da localidade de Playa de las Américas, no concello de Arona, ao sur da illa de Tenerife (Canarias).

Estadio Antonio Domínguez Alfonso
Datos
LocalizaciónPlaya de las Américas, Arona,
España España
Construción
Inauguración7 de setembro de 1969
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións100 x 70
Capacidade7.500
PropietarioConcello de Arona
LocalíaClub Deportivo Marino

Ten capacidade para 7.500 espectadores en bancada e de máis de 27.000 en concertos. É propiedade do Concello de Arona e nel disputa os seus encontros como local o Club Deportivo Marino da localidade veciña de Los Cristianos, que ademais ten as súas oficinas neste recinto. Tamén acolle competicións de atletismo.[1]

Este recinto deportivo, que foi inaugurado o 7 de setembro de 1969 cun triangular entre o Atlético Granadilla, Atlético Alcalá e o Marino, leva este nome en honra a Antonio Domínguez Alfonso. Este era o propietario dos terreos e cedeullos ao Marino para que, neles, construísese o seu estadio. Conta cun campo anexo, inaugurado o 24 de novembro de 1998.[2]

Notas editar

  1. "Arona albergará a competición que se celebrará do 2 ao 4 de xullo". ABC (en castelán). 23 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2012. 
  2. Campos con nome propio.