Arona, Tenerife

concello da illa de Tenerife

Arona é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no sur da illa de Tenerife.

Modelo:Xeografía políticaArona, Tenerife
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 28°05′59″N 16°40′51″O / 28.0996, -16.6809Coordenadas: 28°05′59″N 16°40′51″O / 28.0996, -16.6809
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife
Illa volcánicaTenerife Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación85.249 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.042,29 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie81,79 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude630 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco Jose Niño Rodriguez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38640 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE38006 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webarona.org Editar o valor em Wikidata

É o terceiro municipio máis poboado de Tenerife, tras Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de la Laguna, e o quinto do Arquipélago Canario. Polo tanto Arona é o gran núcleo urbano do sur da illa e tamén o municipio meridional máis poboado das Canarias.

Ten unha extensión de 81,79 km² e unha poboación de 75.339 habitantes (INE 2011). A súa altitude é de 610 metros sobre o nivel do mar na capital homónima que está no interior da illa.

Xeografía editar

 
Los Cristianos

Marcando o extremo sur da illa, coa Punta Salema, supón unha franxa de terreo que queda delimitada cara ao oeste polo barranco do Rey, que descende no seu límite con Adeje, ata dividir en dous a localidade de Playa de las Américas. Pola contra, o seu límite cara ao leste con San Miguel supón unha liña practicamente recta, do mesmo xeito que cara ao norte, que zigzaguea ao redor da cota dos 900 metros de altitude, na súa fronteira con Vilaflor de Chasna.

Desprovisto de cumes, aparece un espazo que descende suavemente cara ao litoral, e onde se intercalan algúns relevos máis destacados. No litoral alternan os pequenos cantís e unha costa baixa, tanto rochosa, como con praias de area.

Aparecen en toda esta zona materiais xeolóxicos, correspondentes ás distintas series volcánicas que formaron a illa.

Historia editar

Sobre a orixe do municipio de Arona hai poucos datos e os que hai áchanse dispersos. Refírense case exclusivamente á tradicional existencia dalgúns asentamentos tras a conquista. Viera y Clavijo fálanos deste núcleo de Arona, xunto cos do Valle e Cabo Blanco, ao referirse a Chasna por outro nome Vilaflor.

 
Igrexa de Arona

A ermida de San Antón Abade foi construída ao parecer polo fillo de Antón Domínguez o Vello, no século XVII, por atoparse a súa vivenda lonxe de Vilaflor. A ermida foi erixida en parroquia por auto de separación de 30 de marzo de 1796, separándose da igrexa matriz de Vilaflor.

Con todo, a pesar destes modestos principios, o municipio coñeceu nos últimos anos un espectacular crecemento. Los Cristianos, a mediados do século pasado, non era máis que un pequeno porto pesqueiro e unha canteira; hoxe é punto importante na recepción do turismo.

A súa poboación, sensible aos problemas xurdidos coa caída dos prezos da cochinilla, o afundimento da agricultura, os efectos da primeira guerra mundial e da guerra civil, que provocaron a emigración, viuse, con todo multiplicada por nove nun século, dando idea da importancia do desenvolvemento alcanzado por este municipio sureño.

Localidades editar

 
Playa de las Américas

Economía editar

O sector terciario constitúe a base da riqueza deste municipio sureño, que soubo explotar as características do seu clima (cálido, seco e cun sol permanente) para crear un importante enclave turístico. Máis do 60% da súa poboación traballa neste sector.

A actividade agrícola, intensa, concéntrase no chamado Val de San Lorenzo. Alí cultívase o plátano, en crecentes superficies, destinado aos mercados peninsulares.

Xunto á bananeira, pero sen chegar a alcanzar a súa importancia, dedícanse terreos á produción de tomates, papas, pementos e flores (en invernadoiro) destinadas á exportación a países de Europa.

As leiras non adoitan ser excesivamente grandes, sendo as maiores as situadas cara á costa, as de mediana extensión sitúanse no centro do municipio, mentres que as pequenas ocupan as zonas máis altas.

A gandería atópase en franco declive, pois ás dificultades derivadas da escaseza de augas, únese o atractivo de máis cómodas ganancias no sector servizos.

Lugares de interese editar

 
Faro de Rasca
  • Montaña de Guaza: espazo natural protexido, de orixe volcánica.
  • Paraxe natural do Roque de Jama, de orixe volcánica.
  • Miradoiro de La Centinela, con vistas do Val de San Lorenzo.
  • Igrexa parroquial de Arona, con retablo e imaxes da Virxe da Concepción, de Francisco García Medina (1739), San Xosé e o Cristo da Saúde.
  • Parque Central de Arona, espazo verde de 4 hectáreas, con palmeiras tropicais e rochas típicas da zona.

Festividades editar

Dentro das variadas festas que se celebran as do Cristo da Saúde e a Virxe do Rosario, o primeiro domingo de outubro e o luns seguinte, atraen moitas persoas de todo o sur.

Desde verán de 2005 celébrase no municipio o Festival de música Aguaviva Canarias.

Deporte editar

En Arona existen diversas asociacións e entidades que se dedican á promoción do deporte como o Club Deportivo Furia Arona. Tamén se disputou o XVI Torneo Internacional Alevín de Fútbol 7, con vitoria para o Atlético de Madrid. En fútbol destaca tamén o Club Deportivo Marino, da localidade de Los Cristianos.

Cidades irmandadas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar