Estadificación do cancro
proceso de determinación da extensión que acadou o cancro
A estadificación do cancro é a descrición (xeralmente en números de I a IV) de en que grao o cancro xa se espallou polo corpo. O estadio xeralmente ten en conta o tamaño do tumor, como de profundo penetrou, se xa invadiu órganos adxacentes, cantos linfonodos entraron en metástase e se está espallado en órganos distantes. A estadificación do cancro é importante porque o estadio no diagnóstico é un importante indicativo do prognóstico, planificación do tratamentos máis axeitados, previsión das posíbeis complicacións e, tralo tratamento, avaliación dos resultados das terapias.[1]
Estadios tradicionais
editarOs estadios son numerados de 0 a IV de acordo coa facilidade de eliminalo cancro con éxito cunha cirurxía:
- Estadio 0: Carcinoma in situ, ou sexa, restrinxidos a área inicial. É un tipo de displasia.
- Estadio I: Tumor restrinxido a unha parte do corpo, sen compromiso linfático.
- Estadio II: Localmente avanzando que compromete o sistema linfático ou se espalla por máis dun tecido.
- Estadio III: Localmente avanzado, espallado por máis dun tecido e causando compromiso linfático.
- Estadio IV: Metástase a distancia, ou sexa, espallando para outros órganos ou todo o corpo.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2018.