Estación do Carril

estación de ferrocarril no Carril (Vilagarcía de Arousa)

Coordenadas: 42°36′29″N 8°46′02″O / 42.608055555556, -8.7672222222222

O Carril foi unha estación, posteriormente reconvertida en apeadoiro, de RENFE no lugar do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Carril
Estación do Carril
SituaciónVilagarcía de Arousa
Estatutos y contrato para la construcción y esplotación del camino de hierro de Santiago al Puerto del Carril, 1863.

Historia editar

O primeiro ferrocarril de Galicia foi inaugurado entre esta estación e Cornes (Conxo), o 15 de setembro de 1873. Na actualidade, consérvase o predio de viaxeiros, rehabilitado como museo do ferrocarril [1] en 2006.

O 1 de novembro de 1992 fecharon os talleres de material remolcado anexos, que tiñan as súas orixes canda os da estación e que foran recuperados nos tempos da Guerra Civil española.[2]

Notas editar

  1. "Carril e o ferrocarril". www.patrimoniovilagarcia.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-12. 
  2. Susana Luaña (2013-10-27). "El maná de los talleres de Renfe". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-16. 

Véxase tamén editar

Artigos relacionados editar

Ligazóns externas editar