Estación de Huelva-Término

Coordenadas: 37°15′11″N 6°57′04″O / 37.25305933, -6.950973293

A estación de Huelva-Término, tamén coñecida como estación de Sevilla, foi unha estación ferroviaria de carácter terminal situada na cidade española de Huelva, en Andalucía. Foi construída en 1888 e o edificio é de estilo neomudéxar. O 22 de abril de 2018, tras 130 anos de servizo, foi pechada ao tráfico pola apertura da nova estación ferroviaria de Huelva, producíndose a chegada do último tren a esta estación a noite dese mesmo día, procedente de Sevilla.[1]

Huelva - Término
Fachada principal do edificio
SituaciónHuelva

Situación ferrovaria editar

En Huelva-Término concluían as seguintes liñas férreas de ancho ibérico:

Historia editar

O ferrocarril chegou a Huelva o 15 de marzo de 1880 cando MZA concluíu as obras da liña férrea que unía Sevilla con Huelva.[3] A cómoda orografía permitiu que o trazado se construíse sen maiores sobresaltos. Poucos anos despois, en 1886 a Zafra-Huelva Company puxo en funcionamento o tramo Huelva-Valdelamusa da que sería a segunda liña férrea en chegar á cidade.[4] A mesma prolongaríase ata Zafra tres anos despois.

A estación de Huelva foi proxectada polo empresario alemán Guillermo Sundheim con intención de ofrecer unha apropiada conexión co inxente tráfico de persoas e material mineiro que chegaba á cidade con motivo das minas do norte da provincia. Sundheim encargou aos arquitectos Jaime Font e Pedro Soto un edificio de estilo neomudéxar con importantes reminiscencias á arquitectura islámica, como arcos de entrada de ferradura, fachada en ladrillo visto e ameas. Nel destacaban dous torreóns nos laterais maiores que a nave central. A súa construción data de 1888.[3]

O 22 de abril de 2018 a estación pechou as portas ao público, tras o último tren procedente de Sevilla, debido ao traslado á nova estación.[5]

Notas editar

  1. Vía Libre (ed.). "Ayer fue el último día de servicio de la estación Huelva Término". Consultado o 25 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Liña Huelva-Término Euroferroviarios
  3. 3,0 3,1 Sevilla a Huelva Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailways
  4. Zafra a Huelva Arquivado 11/03/2016, en Wayback Machine. Spanishrailways
  5. Huelva Información (ed.). "La Estación de Huelva comienza su andadura con la llegada del primer tren". Consultado o 25 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar