Estación de Giulianova

Coordenadas: 42°45′06″N 13°57′56″L / 42.7517, 13.9656

A estación de Giulianova é unha estación de ferrocarril de Ferrovia Adriatica ao servizo da comune italiana de Giulianova, na provincia de Teramo.

Estación de Giulianova

Historia editar

A estación foi construída pola Società italiana per le strade ferrate meridionali e entrou en funcionamento en 1863, paralelamente á apertura do ramal Ancona-Pescara do ferrocarril adriático; sendo, polo tanto, a máis antiga de toda a provincia de Teramo. A estación, de tipo pase, converteuse en estación de empalme a raíz da apertura da liña Giulianova-Teramo en 1884.

Características editar

A estación de Giulianova serve de capotronco para a liña Giulianova-Teramo e para punto de enlace ferroviario entre Teramo e a costa adriática, permitindo á cidade ter un bo enlace ferroviario co resto da rexión dos Abruzos e co veciño Molise. A estación é a máis importante da provincia e está situada preto da costa do Mar Adriático.

Servizos editar