Estación da Coruña-San Diego

estación de ferrocarril na Coruña
(Redirección desde «Estación da Coruña - San Diego»)

A Coruña–San Diego é unha estación de ferrocarril da cidade da Coruña, dedicada exclusivamente ao tráfico de mercadorías, que dá servizo ao porto. Entrou en servizo en 1967[1][2].

A Coruña–San Diego
SituaciónA Coruña
ServizosMercadorías
Na rede
Ficha

As súas principais actividades son ou foron a exportación de peixe, madeiras, ferro, cinc, carbón e contedores procedentes do porto. Existe outra estación na cidade, a de San Cristovo, dedicada exclusivamente ao tráfico de viaxeiros.

En 2014 foi suprimida a liña regular de contedores e o PXOUM prevé a desafectación destes terreos para o tráfico ferroviario unha vez se poña en servizo unha nova terminal que se ha construír no Porto Exterior.[2]

  1. "A Coruña cumple un año sin línea de contenedores en San Diego". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-04-03. Consultado o 2018-01-01. 
  2. 2,0 2,1 E. Eiroa (2017-02-27). "San Diego cumple 50 años sin apenas tráficos y condenada por el PGOM". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-25. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar