Especie chave

(Redirección desde «Especie clave»)

Unha especie chave ou especie clave é unha especie que produce un efecto desproporcionado sobre o seu ambiente en relación coa súa abundancia.[1] Tales especies afectan a moitos outros organismos nun ecosistema e axudan a determinar os tipos e números doutras especies nunha comunidade.

Lontra de mar.

Un ecosistema pode experimentar un cambio dramático se desaparece unha especie chave, mesmo aínda que esa especie sexa unha pequena parte do ecosistema en medidas de biomasa ou produtividade. Converteuse nun concepto popular en bioloxía da conservación.

Definición editar

A definición dada aquí é dalgún modo cualitativa na súa natureza, xa que non existe aínda unha definición aceptada e rigorosa.[2] Un tema a tratar é como medir abundancia e impacto e en que punto trazar a liña. A abundancia neste contexto pode medirse pola biomasa ou a produtividade, entre outras variables. O impacto é mesmo máis difícil de definir. Suxeriuse que tales depredadores chave poden identificarse nos ecosistemas pola súa dominancia en biomasa dentro de grupos funcionais ecolóxicos.

Unha especie chave non é simplemente aquela cuxa desaparición alteraría o ecosistema. A eliminación de calquera especie abondosa de calquera ecosistema alterará drasticamente ese ecosistema por definición. A clave do concepto de especie chave é o feito de que unha especie cunha pegada física relativamente pequena poida ser crítica para a conservación do estado do seu ecosistema.

Notas editar

  1. Paine, R.T. (1995). "A Conversation on Refining the Concept of Keystone Species". Conservation Biology 9 (4): 962–964. doi:10.1046/j.1523-1739.1995.09040962.x. 
  2. Power, M.E.; Tilman, D.; Estes, J.A.; Menge, B.A.; Bond, W.J.; Mills, L.S.; Daily, G.; Castilla, J.C.; Lubchenco, J.; Paine, R.T. (1996). "Challenges in the Quest for Keystones". BioScience 46 (8): 609–620. doi:10.2307/1312990. Consultado o 2007-10-04.