Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre moda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

O tuning é a modificación dun coche ao gusto persoal. Naceu en EUA cando os mozos estadounidenses modificaban os seus coches para facer carreiras no deserto. Na actualidade o mundo tuning evolucionou á vez que os coches teñen cada vez máis potencia. No tuning hai tres tipos de modificación: o tuning interior, tuning exterior e o tuning do motor que buscan unha personalización do coche, de maneira que pareza mellor, máis caro e que chame máis a atención, por un lado, e por outro, que sexa único na súa clase.

Orixes do tuning editar

 
Honda S-2000
 
Porsche 911 tuneado

A orixe do tuning é imprecisa. Algunhas persoas atribúeno a Europa, concretamente en Alemaña entre 1960 e 1970. Outras indican que certas tendencias de modificación do automóbil como os "lowrider" comezáronse a popularizar en EUA durante os anos cincuenta. Cítanse aos Hot Rods e ó movemento xurdido en California logo da Gran Depresión dos anos trinta.

Tuning Interior editar

Consiste na aplicacion de varias modificacions aos diversos elementos e compoñentes do interior do vehículo, ou tamén, o cambio de pezas por unhas novas. Pódense observar interiores de automóbiles con cores vistosas, pezas de gran calidade, tapicerías para o volante, volantes deportivos, tapicería de teito ou dos asentos, variacions no pomo, incremento da calidade do equipo de son etc.

Tuning Exterior editar

Require un maior esforzo e algo máis de práctica. Inclúe modificacions nos aleróns, os parachoques, a iluminación etc.

Véxase tamén editar