Transcantábrico

tren turístico

O Transcantábrico é un tren turístico de FEVE, inaugurado no ano 1983. Neste ano a empresa FEVE (Ferrocarrís de Vía Estreita) crea o primeiro tren-hotel turístico de España. A idea orixinal foi crear un tren turístico, emulando ao mítico Orient Express, que percorrese as vías de FEVE no norte de España, aproveitando a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

O tren na estación de Liérganes en Cantabria (España)

Historia e características editar

Inicia a súa andaina o 30 de xullo de 1983 cunha viaxe inaugural entre La Robla e Cistierna (provincia de León). A súa composición orixinal era de tres coches salón Pullman construídos en Gran Bretaña en 1927 (pub, bar e salón), 4 coches cama de liteiras, un furgón xerador e un coche de servizo para a tripulación.

Os primeiros anos realizou as viaxes entre León e Ferrol ata a clausura da liña León - Bilbao (FC de La Robla.)

Actualmente tras a reapertura da liña de La Robla no ano 2003 realiza o traxecto igual ao primitivo.

É un tren turístico que realiza viaxes dunha semana de duración nos cales vaise visitando todos aqueles lugares nos que o tren detense.

A composición actual do tren é de 4 coches salóns, 7 coches camas, un furgón xerador e un furgón de servizo para a tripulación. Substituíronse os orixinais compartimentos de literas por cabinas suite dotadas de cama matrimonial, aire acondicionado, teléfono, minibar, armario roupeiro, maleteiro e w.c completo con ducha con hidromasaxe e sauna.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar