STS-112

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-112 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 7 de outubro de 2002 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-112
Lanzamento da misión STS-112
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de outubro de 2002, 19:46 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,83 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso18 de outubro de 2002[6]
NSSDC ID2002-047A

Características editar

STS-112, con seis astronautas a bordo (cinco americanos e un ruso), foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Jeffrey Ashby, a piloto Pamela Melroy e os especialistas de misión David Wolf, Piers Sellers, Sandra Magnus e Fiodor Iurchikhin.[3][5][6][7]

O transbordador levaba a bordo a viga S1 (de 14 m e 13 toneladas) para estender o mastro central e con parte do sistema de control térmico, incluíndo circuítos de enfriamento con amoníaco e radiadores. Tamén levaba a plataforma CETA (Crew and Equipment Translation Aid) para o desprazamento de astronautas durante as actividades extravehiculares. A viga e a CETA foron instaladas durante tres paseos espaciais. Durante a misión tamén se reparou a cinta de exercicio da estación, se axutaron uns circuítos protectores na viga S1 e se subistituíu un separador de humidade na esclusa Quest.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 18 de outubro de 2002.[3][5][6]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 112" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 11 December 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-60675(E)). 20 de decembro de 2002: 4. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 112" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-112 / ISS-9A" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-112" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (16 de febreiro de 2010). "STS-111" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar