Roy Acuff
Roy Claxton Acuff (Maynardville, Tennessee 1903 - 1992) foi un músico americano de country.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Roy Claxton Acuff 15 de setembro de 1903 Maynardville, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 23 de novembro de 1992 (89 anos) Nashville, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Tennessee |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Central High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante , music publisher (en) , político , compositor , cantautor , violinista |
Período de actividade | 1936 - |
Partido político | Partido Republicano |
Xénero artístico | Música country |
Instrumento | Violín, fiddle e voz |
Selo discográfico | Conqueror Records (en) Columbia Records |
Compañeiro profesional | Fred Rose: Acuff-Rose Music, Inc. (en) (1942–1954) |
Familia | |
Fillos | Roy Acuff, Jr. (en) |
Premios
| |
Roy comezou xogando de forma semiprofesional ao béisbol, pero en 1929 unha insolación impediu que xogara cos New York Yankees. En 1933 forma o grupo Tennessee Crackerjacks co que participa en programas de radio de Knoxville. En 1934 o grupo pasouse a denominar Crazy Tennesseans, co que en 1936 grava os seus primeiros temas, que axiña se converteron en éxitos, "Great Speckled Bird" e "Wabash Cannonball". En 1938 o grupo cambia de novo o seu nome para se denominar Smoky Mountain Boys cos que grava temas como "Night Train to Memphis", "Fire Ball Mail" ou "Wreck on the Highway".
Con Fred Rose funda a súa propia discográfica en 1942, Acuff-Rose Music Publishing Company, que se converteu na primeira discográfica de música country do mundo. En 1974 gravou o seu derradeiro sinxelo.