Ronnie Drew

músico irlandés

Ronnie Drew (en irlandés Ránall Ó Draoi), nado o 16 de setembro de 1934, finado o 16 de agosto de 2008, foi un cantante e compositor irlandés de Dún Laoghaire, condado de Dublín, famoso internacionalmente durante máis de 50 anos xunto ao grupo de música folk "The Dubliners".

Infotaula de personaRonnie Drew

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Dún Laoghaire, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 2008 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro do esófago Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónC.B.C. Monkstown (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de teatro , actor de cinema , guitarrista , cantante , compositor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica irlandesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPhelim Drew (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1275421 Allmovie: p322860 TV.com: people/ronnie-drew
Musicbrainz: fc7f2df9-ad78-4243-a14a-c23520e29b11 Discogs: 899364 Allmusic: mn0000275711 WikiTree: Drew-2569 Find a Grave: 29114951 Genius: Ronnie-drew Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nos anos 1950, Drew emigrou a España para ensinar inglés e de paso aprender castelán e a tocar a guitarra flamenca. Cando regresou a Irlanda, compaxinou actuacións en "The Gate Thater" con diferentes traballos.

En 1962, Drew fundou "The Ronnie Drew Group" canda Luke Kelly, Barney McKenna e Ciaran Bourke, pero pronto cambiaron o nome do grupo a "The Dubliners", ao cal se sumou, John Sheahan. Deseguida "The Dubliners" chegou a ser un dos grupos máis coñecidos en Irlanda de música folk tradicional. As súas orixes remóntanse a actuacións no famoso pub irlandés O'Donoghue en Merrion Row. Posteriormente trasladáronse a The Abbey Tavern en Howth e foron incrementándose o número de actuacións por todo o centro de Dublín. Ronnie Drew abandonou temporalmente o grupo en 1974 pero regresaría 5 anos despois. Drew deixou definitivamente "The Dubliners" para dedicarse á súa carreira en solitario en 1995. No 2002, reuniuse de novo cos "Dubliners" para celebrar o 40º aniversario da formación.

A partir de 1995, Ronnie Drew lanzou a súa carreira en solitario e gravou diversos temas con varios artistas, como Christy Moore, The Pogues, Dropkick Murphys, Eleanor Shanley entre outros.

O 22 de agosto de 2006, Ronnie Drew foi honrado nunha cerimonia onde as súas pegadas dactilares foron marcadas no "Walk of Fame" (paseo da fama) de Dublín, na aforas do Dublin's Gaiety Theater.

A fin editar

En setembro de 2006 diagnosticóuselle un cancro de garganta producido por anos de excesos coas bebidas alcohólicas e os fumes. Pouco despois, en decembro dese mesmo ano, apareceu nun programa de televisión irlandesa para falar sobre o seu cancro.

Ademais da súa enfermidade, tamén tivo que sufrir o falecemento da súa dona Deirdre Drew, coa que levaba máis de 40 anos de matrimonio.

Ronnie Drew morreu[1] finalmente en St Vincent's Hospital, Dublín, o 16 de agosto de 2008 e foi enterrado 3 días despois en Redford Cemetery en Greystones.[2]

Discografía en solitario editar

  • Ronnie Drew (1975).
  • Guaranteed (1978).
  • Dirty Rotten Shame (1995).
  • The Humour is On Me Now (1999).
  • A Couple More Years (2000).
  • An Evenning With Ronnie Drew (2004).
  • The Magic Of Christmas (2004).
  • El Amor De Mi Vida (2006).
  • There's Life In The Old Dog Yet (2006).
  • Pearls (2007).
  • A Fond Farewell (2008).

Homenaxe editar

O 19 de febreiro de 2008 unha gran cantidade de artistas irlandeses decidiron unirse para crearen unha canción homenaxe a Ronnie Drew titulada "The Ballad Of Ronnie Drew[3]", liderado por Bono, o cantante de U2.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar