Robert Jarni
futbolista croata
Robert Jarni, nado en Čakovec o 26 de outubro de 1968, é un exfutbolista croata, internacional coa selección do seu país.
Robert Jarni | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 26 de outubro de 1968 | ||
Lugar de nacemento | Čakovec | ||
Altura | 180 centímetros | ||
Posición | lateral | ||
Na rede | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Xogou no Hajduk Split (1986-91), AS Bari (1991-93), Torino (1993-94), Juventus (1994-95), Real Betis (1995-98), Real Madrid (1998-99), Las Palmas (1999-2001) e Panathinaikos (2001-02).
É o xogador con máis encontros internacionais disputados con Croacia, cun total de 81. Destaca sobre todo pola súa achega ó terceiro posto da selección no Mundial de Fútbol Francia 1998.
Robert Jarni xogaba en calquera posición da banda esquerda, destacando pola súa velocidade e precisos centros. Tamén era un gran lanzador de faltas.