Lot ou Loth é o rei homónimo de Lothian nas lendas artúricas. É coñecido por ser o pai de Sir Gauvain.

Como gobernante apareceu por vez primeira no material haxiográfico sobre San Kentigern (tamén coñecido como San Mungo), que o nomea como Leudonus, o rei de Leudonia, un nome en latín de Lothian. Máis tarde, Geoffrey de Monmouth incluíu a Lot, rei de Lothian na súa crónica Historia Regum Britanniae, que o sinala como o cuñado do Rei Artur e tamén como o seu aliado. A raíz disto, Lot apareceu regularmente en romances posteriores.

Lot figura case sempre como rei de Lothian, pero noutras fontes indícase que tamén goberna as Illas Orcadas e en ocasións Noruega. Xeralmente é representado como o esposo da media irmá do Rei Artur, Morgause, tamén chamada Anna. Os nomes e o número de fillos de Lot varían segundo as fontes, pero a tradición dálle de fillos a Gauvain, Agravain, Gaheris, Gareth e Mordred.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar