Recuperación informal do lixo

A recuperación informal do lixo é a actividade que consiste en «buscar e extraer manualmente os materiais reciclables e reutilizables nos vertedoiros legais e ilegais, nos contedores do lixo, en puntos de descarga dos camións ou noutros lugares».[1] Cando esta actividade se practica nos contedores, emprégase a expresión «limpar os contedores». Este é un dos xeitos de recuperar o lixo, sendo os outros acudir á fonte (antes de que se mesturen co resto de refugallos) ou recuperalos de forma organizada (intermediarios dos vertedoiros).

Recolectores de lixo nun vertedoiro de Iacarta en Indonesia.

Esta actividade é insalubre, a miúdo arriscada e mesmo prohibida segundo os lugares. Ademais, a visión da sociedade sobre as persoas que se involucran na recuperación informal de residuos é moitas veces pexorativa, agás naqueles casos nos que as persoas a practican con fins artísticas, científicas ou de bricolaxe. Polo xeral, é practicada por persoas que non teñen máis opcións onde escoller, como os habitantes das favelas dos países en desenvolvemento.

Non é doado saber cantas persoas exercen esta actividade, pero as estimacións[quen?][cando?] falan de cifras entre os 2 e os 6 millóns de persoas en todo o mundo.

Notas editar

  1. (en inglés) Organisation Internationale du Travail, Addressing the Exploitation of Children in Scavenging (Waste Picking): a Thematic Evaluation of Action on Child Labour, Bureau international du Travail, Gnève, 2004. ISBN 92-2-116662-7.