Pepe Solla

cociñeiro galego

José González Solla y González, nado en Poio o 18 de decembro de 1966, é un cociñeiro galego, membro fundador do grupo NOVE.[1] É xefe de cociña e propietario do restaurante Casa Solla, cunha estrela Michelín e tres Soles Repsol.[2][3][4]

Infotaula de personaPepe Solla
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Poio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncociñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pepe Solla iniciou a súa carreira no mundo da restauración en 1991, cando comezou a traballar no restaurante Casa Solla, que creara o seu pai José González Solla. Inicialmente compaxinou o traballo de sala como catador cos seus estudos universitarios de Ciencias Empresariais.

O seu interese polo mundo do viño e a súa formación con cursos monográficos na Unión Española de Catadores, fan que en 1994 sexa un dos membros fundadores da Asociación Gallega de Sumilleres. Durante varios anos participou en catas profesionais a nivel nacional, gañou o Campionato Galego de Catadores e alzouse co sexto posto no campionato nacional.

En 1995, comezou a súa formación de cociña, o que o levou a converterse en axudante de cociña, función que compaxinou durante un tempo coa de xefe de sala. Tras realizar diversos cursos, por exemplo en Cala Montjoi, da man de Ferran Adrià, en 1999 toma as rendas da cociña de Casa Solla e en 2001 asume a súa xerencia.

Desde entón imparte diversos cursos, clases maxistrais e demostracións de cociña.[5][6][7][8][9] Ademais participa de forma constante en certames gastronómicos nacionais e internacionais, como Madrid Fusión.[10] En 2010 representou a Galicia na Expo de Shanghai.[11]

En 2014, Pepe Solla monta, xunto con Paco Roncero e Marcos Morán, a sociedade Sinergías que, dentro de Platea Madrid, xestiona cinco espazos gastronómicos: La batea, A mordiscos, Castizo, Entrecortes e De cuchara.[12][13][14][15][16][17]

Na actualidade, presenta o programa “Pescados e Mariscos”, en Canal Cocina, onde tamén presentou o programa “Tus Conservas”.[18][19]

Casa Solla editar

Fundado en 1961 na localidade de Poio (Pontevedra), o restaurante Casa Solla ten de forma ininterrompida unha Estrela Michelín desde o ano 1980, o que o sitúa entre os 8 restaurantes máis antigos de España e o decano de Galicia na Guía Michelín.[20] Ademais, a Guía Repsol 2015 outorgoulle tres Soles Repsol, co que Casa Solla converteuse no primeiro restaurante galego en ter esta distinción.[21][22]

Premios e recoñecementos editar

  • Casa Solla ten unha estrela Michelín e tres Soles na Guía Repsol[23][24]
  • Mellor chef de Galicia 2013, en Festival Arco Atlántico[25]
  • Premio Exxpopress 2013, na categoría internacional[26]
  • Diploma Millesime 2012[27]
  • Premio Caldereta 2008, do Diario El Comercio, de Xixón[28]
  • Premio Fundación Dionisio Duque 2008[29]
  • Premio Dagda HG&T, ao mellor profesional de cociña de Galicia, en 2007
  • Casa Solla obtivo o premio Alimentos de España 2000, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente[30]

Notas editar

  1. "Web del Grupo NOVE". 
  2. "Web de Pepe Solla en Grupo NOVE". 
  3. "El decano de las estrellas Michelin cumple medio siglo". La Voz de Galicia. 2011. 
  4. "Restaurante Casa Solla en la Guía Repsol". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2015. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  5. "Prestigiosos chefs, en un curso sobre modelos de negocio en la gastronomía de la Cátedra Ferran Adrià". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2016. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  6. "Pepe Solla: 'Me gusta que la gente se sienta en casa de Pepe Solla'". 
  7. "Pepe Solla: sencillez milimétrica". Cadena Ser. 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  8. "Pepe Rodríguez y Pepe Solla, demostración en el pazo Baión". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  9. "“Cocina creativa con Conservas Cuca” de la mano de Pepe Solla". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2016. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  10. "Madrid Fusión echa el telón con cuatro intervenciones del chef de Poio Pepe Solla". Faro de Vigo. 2013. 
  11. "Pepe Solla, sabor gallego con aderezo chino". La Opinión A Coruña. 2010. 
  12. "Platea, el multiespacio gastronómico en la Plaza de Colón". Gastroeconomy. 2014. 
  13. "La batea en Platea Madrid". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  14. "A mordiscos en Platea Madrid". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  15. "Castizo en Platea Madrid". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  16. "Entrecortes en Platea Madrid". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2015. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  17. "De cuchara en Platea Madrid". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  18. "Pescados y mariscos". 
  19. "Tus conservas". 
  20. "Una breve historia de estrellas (Michelín) en Galicia". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  21. "Cocineros con tres Soles Repsol". 
  22. "«Es el primer tres soles Repsol de Galicia, pero habrá más»". La Voz de Galicia. 2014. 
  23. "Las estrellas Michelín con alma pontevedresa renuevan su luz". La Voz de Galicia. 2014. 
  24. "Los tres soles de Pepe Solla". Faro de Vigo. 2014. 
  25. "Pepe Solla gana el Arco Atlántico al mejor chef de Galicia en 2013". El Correo Gallego. 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  26. "Feijóo destaca el "papel crucial de los medios de comunicación". ABC. 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  27. "Pepe Solla candidato al III premio Chef Millesime 2012". Vinetur. 2012. 
  28. "Pepe Solla será una de las estrellas del Madrid Fusion". La Voz de Galicia. 2008. 
  29. "Pepe Solla, premiado por la Fundación Dionisio Duque". El Progreso. 2008. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2016. 
  30. "Premios Alimentos de España XXV ediciones" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de decembro de 2014. Consultado o 07 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar