Palacio da Ópera da Coruña

Coordenadas: 43°21′47″N 8°24′39″O / 43.363168, -8.410946

O Palacio da Ópera da Coruña é un edificio situado na Glorieta de América da cidade herculina, situado xunto ao parque de Santa Margarida. É a sede da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Pazo da Ópera da Coruña
Vista da fachada.
Localización de Palacio da Ópera da Coruña en Galicia
Palacio da Ópera da Coruña
Mapa de Galiza
EnderezoGlorieta de América, 15004 A Coruña
CidadeA Coruña
PaísGalicia Galiza
Propiedade deConcello da Coruña
Capacidade1.805
Uso actualTeatro, danza e música
Páxina webwww.palaciodelaopera.com
Vista parcial do interior do Auditorio principal.

Instalacións editar

O Auditorio principal dispón de asentos para 1.805 persoas. No mesmo recinto, o Palacio da Ópera alberga unha Sala de Cámara, unha Sala de Relatorios, unha Sala VIP e unha área de exposición.[1]

Historia editar

Os terreos da canteira de Santa Margarida foron declarados urbanizábeis no plan xeral de 1985 e en 1988 foron adxudicadas as obras a Ginés e Machado por 1789 millóns de pesetas. As obras foron paralizadas o 8 de marzo do ano seguinte por unha denuncia da Asociación de Veciños sobre o volume do edificio. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia levantou a paralización en xullo e volveuna a aplicar en outubro.[2]

O edificio, obra do Taller de Arquitectura y Urbanismo foi inaugurado o 2 de decembro de 1989 como Palacio de Congresos-Auditorio. O día seguinte celebrouse o III Congreso Nacional de Economía.[2] En 1999 sufriu unha remodelación e reinaugurouse como Palacio de Congresos e da Ópera.[1][3]

Coa construción do novo centro de congresos e exposicións no Porto, PALEXCO, denominouse Palacio da Ópera.[1][4]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Palacio da Ópera
  2. 2,0 2,1 Gutiérrez, José Manuel (11-11-2016). "Palacio de la Ópera, un edificio marcado por la polémica". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27-12-2017. 
  3. García, Rodri (9-12-2014). "El Palacio de la Ópera de A Coruña cumple 25 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7-8-2017. 
  4. PALEXCO (2009). Dossier de prensa. p. 4. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2012. Consultado o 07 de agosto de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar