Ordenanza (soldado)

No ámbito militar, chámase ordenanza,[1] mensaxeiro, oficial de ordenanza ou oficial de día ao soldado que se nomea diariamente para que leve as ordes e comunicacións oficiais do xefe do corpo ao cuartel e as autoridades da praza.

Ordenanza en Corea
Ordenanza (1802-1812)

Tamén é un soldado pertencente a un corpo de garda que estando exento de facer labores de sentinela ou calquera outro servizo de vixilancia que está ás ordes daquel posto. Emprégase para realizar labores mecánicos como traer auga, varrer, ir en busca de utensilios, acender as luces, etc.

Batman editar

Gravado humorístico dun ordenanza

Nos exércitos de países de fala inglesa, a palabra "batman" refire ao servinte militar dun oficial. Esa palabra provén do francés antigo "bast", do latín tardío "bastum" que da en francés moderno "bât", ou literalmente: o "home da manda". En orixe, o batman é o home encargado de coidar da mula ou cabalo que leva a equipaxe dun oficial. O termo é moi anterior ao personaxe batman de banda deseñada; ás veces o mordomo Alfred é referido como "Batman's batman" (o batman de Batman) facendo uso desta acepción.[2]

Notas editar

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-26. 
  2. "Alfred is Batman's batman, literally". Reddit. Consultado o 26-3-2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar