Opus caementicium

formigón romano

Opus caementicium (do latín = caementum: entullo, pedra en bruto), o formigón romano, é unha técnica de construción de paredes utilizada polos romanos. Faise con morteiro e pedras de todo tipo (de residuos, por exemplo) e ten a aparencia do formigón. A mestura facíase a pé de obra, alternando padas de morteiro ou argamasa con seixos.[1]

Exemplo de opus caementicium nun túmulo na Vía Apia, en Roma.
Volta inmensa feita con opus caementicium

O formigón romano podíase empregar só, dándolle forma dentro dun encofrado,[2] ou usalo para encher os espazos entre paredes e bóvedas ficando bloqueado entre dúas paredes de bloques rectangulares de pedra (opus quadratum, opus vittatum e opus reticulatum). A medida que se ía subindo a parede, podíanse pór fileiras de ladrillos atravesada ao largo da parede (tizóns ou forras), o que permitía regularizar e reforzar o conxunto polo efecto de encadeamento.

O ​​opus caementicium é unha das claves do éxito arquitectónico das construcións romanas, pola súa velocidade de execución e a solidez da construción unha vez rematada. Permitiu a realización dun tipo de volta monobloc (chamada de bóveda de formigón) cun van de varias ducias de metros, como a Basílica de Maxencio ou o Panteón de Agripa.

Na maioría dos casos a estrutura das construcións que utilizaban opus caementicium eran revestidas para ficaren máis apelativas, en termos estéticos. Existen varias formas de aplicar esta técnica:

Notas editar

  1. Stefano Camporeale; Hélène Dessales; Antonio Pizzo (2008). Arqueología de la construcción. CSIC. pp. 143–. ISBN 978-84-00-09279-5. Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  2. François Cadiou; David Hourcade (2003). Defensa y territorio en Hispania en los Escipiones a Augusto: (espacios urbanos y rurales, municipales y provinciales) : Coloquio celebrado en la Casa de Velázquez (19 e 20 de marzo de 2001). Casa de Velázquez. pp. 400–. ISBN 978-84-9773-097-6. Consultado o 14 de outubro de 2011.