L'Hospitalet Pioners
O L'Hospitalet Pioners é un dos principais equipos españois de fútbol americano, con sede na cidade catalá de L'Hospitalet de Llobregat. Fundado en 1988, é un dos 4 pioneiros deste deporte en España xunto a Badalona Dracs, Barcelona Búfals e o xa desaparecido Barcelona Boxers, cos cales inaugurou en 1988 a primeira competición oficial do país, a antiga Liga Catalá de Fútbol Americano. Dende a creación da Liga Nacional de Fútbol Americano en 1995 é un dos equipos fixos no torneo. Nas últimas tempadas ten disputado a European Football League, acadando a súa primeira vitoria nun encontro en 2008.
O equipo xoga como local no Complex Esportiu Hospitalet Nord, e adoita vestir camisola vermella, pantalóns negros e casco negro.
Palmarés editar
- Liga Nacional de Fútbol Americano (5) = 2005, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013
- Subcampión (4) = 1998, 2003, 2004, 2006
- Copa Española de Fútbol Americano (7) = 2000, 2005, 2006, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014
- Subcampión (3) = 1997, 1998, 2007
- Liga Catalá de Fútbol Americano (0) =
- Subcampión (2) = 1993, 2003
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Páxina oficial dos L'Hospitalet Pioners
- Páxina oficial da Agrupación Española de Fútbol Americano
- Páxina oficial da European Federation of American Football Arquivado 18 de abril de 2009 en Wayback Machine.