István Szabó, nado en Budapest o 18 de febreiro de 1938, é un director de cinema, guionista e director de ópera húngaro. Szabó é o máis recoñecido director de cinema húngaro dende finais da década de 1960. Traballando na teoría de autor europea, fixo filmes que representan moitos dos conflitos políticos e psicolóxicos da historia recente de Europa Central, así como sobre a súa propia historia persoal. Rodou a súa primeira curtametraxe en 1959 como estudante da Academia Húngara de Artes Teatrais e Cinematográficas, e a súa primeira longametraxe en 1964.

Infotaula de personaIstván Szabó

(2004) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Budapest (Hungría) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Theatre and Film Arts (en) Traducir (–1961) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , actor de cinema , guionista , escritor , prosista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua húngara Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVera Gyürey
Premios

IMDB: nm0843640 Allocine: 7742 Rottentomatoes: celebrity/istvan_szabo Allmovie: p113441 TCM: 73696 Editar o valor em Wikidata

Acadou o seu maior éxito internacional con Mephisto (1981), co cal gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Dende entón, moitos dos filmes de Szabó foron coproducións internacionais rodadas en varias linguas e lugares de Europa. Tamén continuou facendo filmes en lingua húngara, e mesmo nas súas coproducións internacionais, fai a rodaxe en Hungría e emprega un elenco húngaro. Szabó viuse involucrado nunha controversia no ano 2006 cando o xornal húngaro Élet és Irodalom revelou que el fora un informante da policía secreta do réxime comunista.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar