Illas subantárticas de Nova Zelandia
As Illas Subantárticas de Nova Zelandia comprenden os cinco grupos máis meridionais das illas periféricas de Nova Zelandia. Son designados colectivamente como da Patrimonio da Humanidade UNESCO.[1]
Illas subantárticas de Nova Zelandia | |
---|---|
Vista da Illa Campbell. | |
Karta NZ Subantarctic islands.PNG Illas subantárticas de Nova Zelandia | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Nova Zelandia |
Tipo | Natural |
Criterios | IX, X |
Inscrición | 1998 (22ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 877 |
A maioría das illas atópanse preto do bordo sueste do continente somerxido, centrado en Nova Zelandia, chamado Zealandia, que foi separado de Australia hai de 60 a 85 millóns de anos, e da Antártida hai 85-130 millóns de anos. Comparten algunhas características coa illa Macquarie de Australia ao oeste.
Historia
editarAta 1995, o persoal investigador científico estivo estacionado permanentemente nunha estación meteorolóxica na illa Campbell, Nova Zelandia. Desde entón, as illas están deshabitadas, aínda que periodicamente son visitadas por investigadores e turistas. A protección das reservas reforzouse en 2014, converténdose no santuario natural máis grande do país.[2]
Illas
editar- Illas Antípodas
- Illa Antípodas, Illa Bollons, Illas Barlovento, Illa Orde Lees, Illa Leeward, Illa Sur
- Illas Auckland
- Illa Auckland, Illa Adams, Illa Disappointment, Illa Enderby, Illa Ewing, Illa Rose
- Illas Bounty
- grupo principal, grupo central e illotes do grupo oriental
- Illas Campbell
- Illa Campbell / Motu Ihupuku, Illa Dent, Illa Folly, Illa Jacquemart
- Illas Snares / Tini Heke
- Alert Stack, Illa Broughton, Illa High, Illa North East, Illas da cadea occidental
Reclamacións territoriais
editarNova Zelandia tamén ten reclamacións territoriais, mantidas en suspenso segundo o Sistema do Tratado Antártico, sobre varias illas próximas ao continente antártico, incluíndo:
- Illa Ross e o resto do arquipélago Ross
- Illas Balleny: Illa Young, Illa Buckle, Illa Sturge, ademais de varios illotes máis pequenos
- Illa Roosevelt
- Illa Scott e Haggits Pillar
Destas, a illa Ross está habitada por persoal científico de varias estacións de investigación, especialmente en McMurdo Sound e Base Scott.
Notas
editar- ↑ "New Zealand Sub-Antarctic Islands". UNESCO World Heritage Centre. World Heritage List. Consultado o 2019-09-08.
- ↑ Fox, M. (2014-03-02). "Birds, seals, penguins protected". Stuff News. Consultado o 2019-08-09.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas subantárticas de Nova Zelandia |
Ligazóns externas
editar- Illas subantárticas, Departamento de Conservación
- Clasificación da UNESCO para as illas subárticas
- Castaways: Wrecked on a subantarctic island - Te Ara - the Encyclopedia of New Zealand