Illa Ross
A Illa de Ross está formada por tres volcáns no mar de Ross da Antártida, fronte á costa da Terra de Vitoria no Estreito de McMurdo a 77°40′S 168°00′L / -77.667, -168.000. A súa área é de 2.460 km². Só unha pequena parte da illa está libre de xeo e neve. Sir James Clark Ross descubriuna en 1841, e foi logo nomeada na súa honra por Robert F. Scott. Alberga o volcán dormente Monte Terror, de 3.230 metros de altura, e o Monte Erebus, de 3.794, son os volcáns activos máis austrais da Terra. Ambos foron nomeados por Ross polos seus barcos de nomes respectivos. A terceira maior elevación é o Monte Byrd, nomeado polo explorador estadounidense Richard E. Byrd.
Illa Ross | |
---|---|
![]() Proxección mundial centrada na illa de Ross | |
![]() Mapa da illa de Ross | |
Situación | |
País | ![]() ![]() |
Arquipélago | Arquipélago Ross |
Mar | Mar de Ross |
Coordenadas | 77°30′S 168°00′L / -77.500, -168.000Coordenadas: 77°30′S 168°00′L / -77.500, -168.000 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 2.460 km² |
Longura máxima | 79 km. |
Largura máxima | 75 km. |
Punto máis alto | 3.794 m. Mont Erebus |
Demografía | |
Capital | Base McMurdo |
Poboación | 261 Non permanente |
- Para unha illa de nome similar preto da Antártida, véxase Illa James Ross
A illa é reclamada por Nova Zelandia como parte da Dependencia Ross, pero esta reclamación está en suspenso en virtude do Tratado Antártico.
GaleríaEditar
Cabana de Scotts en Cabo Evans
Cabana de Shackletons en Cabo Royds
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Ross |